Discurso de ingreso de Jose de Cora
diciembre 11, 2024Discurso de ingreso de Antonio Jesús Sieira Míguez
diciembre 11, 2024DISCURSO DE INGRESO DE ANTONIO ÁLVAREZ SERNA COMO MIEMBRO DE NÚMERO DE LA ACADEMIA GALEGA DE GASTRONOMÍA
Excmos. e Ilmos. Sres. e Sras., as miñas Donas, os meus Señores.
É con grande honra que me achego a este foro que se digna abrir as súas portas para acoller a quen abofé que o único mérito que ten é o de ter máis que evidente a súa afeccion pola boa mesa.
O meu agradecemento mestúrase co máis sano orgullo por canto sempre considerei que arredor da mesa xorde unha das manifestacións culturais máis profundas que un pobo pode transpirar, a gastronomía, na que se xunguen elementos de historia e tradición, de esforzo e sufrimento, de ledicia e celebración.
Elixin a cadeira Breogán despois de moito meditalo aínda que, se cadra, é un peso excesivo para as miñas costas. Non obstante, e maila que pouco sabemos de Breogán desde o punto de vista da gastronomía, é para un galego unha honra
poder utilizar, aínque que sexa de xeito simbólico, o nome do que está considerado o auténtico pai do pobo celta.
Semella claro que os celtas admiraron, ademais da fermosura das nosas costas e a benignidade de noso clima, a calidade dos froitos das nosas rías. É así que segundo o prehistoriador e arqueólogo Florentino Cuevillas, unha das
características fundamentáis de cultura castrexa era a presencia de numerosos cuncheiros ou depósitos de restos de comida onde se atopaban cantidades inxentes de cunchas de ostra, ameixa, mexillón, lapa ou vieira, así como restos de
crustáceos tales como bogavante, centolo e nécora. Cerca do Monte Tegra, en Troña, en Oia ou no Castro de Areosa, atópanse numerosos aparellos de pesca como anzois de bronce e poutadas que aínda hoxe son empregadas na zona da
Guarda. Non obstante, non se limitaban a peixe e marisco, senón que tamén consumían carne, sobre todo de animais cazados, ocupando o corzo e o xabaril unha parte importante da súa dieta.
Os celtas dábanlle unha importancia case litúrxica ó comer, con ríxidas normas de protocolo e respecto espiritual polos froitos da terra e do mar. Breogán foi rei e benefactor, admirado como guerreiro e como gobernante. Tal e como relata a tradición en palabras de Xabier Docampo “A súa casa era a máis visitada e honrada, e tamén a máis acolledora e xenerosa de cantas se coñeceron. Alí a porta estaba franca para todo aquel que chegara. Arredor do pote de Breogán, á
mesma distancia do lume os xefes das tribos; despois os das aldeas e clans.
Cada quen recibe a parte da carne que ó seu rango lle corresponde. Corrían a cervexa e o viño traídos de terras distantes. Os bardos recitan xestas, os musicos tocan gaitas e tambores”.
Ata aqui un pequeno esbozo do mundo que rodeaba ó noso personaxe. Comprenderán que a figura de Breogán como o mais destacado representante do pobo celta meritaba ter unha cadeira, inda que humilde, neste foro de cultura que
é a Academia Galega de Gastronomía.
Moitas gracias