Discurso de ingreso de Antonio Álvarez Serna
diciembre 11, 2024Discurso de ingreso de Carmen Figueira Triñanes
diciembre 11, 2024DISCURSO DE INGRESO DE JESÚS SIEIRA MÍGUEZ COMO MIEMBRO DE NÚMERO DE LA ACADEMIA GALEGA DE GASTRONOMÍA
Sr. Presidente, Señores Académicos, Señoras y Señores:
Cómpreme defender a Cadeira Joseph Cornide, quen foi nado na Coruña, o 25 de Abril de 1734, según consta na partida de bateo da Colexiata de Santa María do Campo, cidade da que foi Rexidor en 1763.
Esta é a miña honra, xa que Cornide foi un coruñés da Galicia e da España. Pola magnitude dos seus valores e erudizón, foi un ilustrado insine. O seu anceio de coñecemento contribuíu a dar a Galicia o pulo científico de contra o inmovilismo dunha sociedade arcaica herdada, en desafío co erro, o mito e a superstición. Perpasou a fronteira de terra changando ó mar, con toda a súa vida segreda avencellada a nosa subsistencia.
Non sei se Cornide foi un gourmet experimentador, pero se, que para maís comprida groria súa e ventura nosa, o seu legato abrangue o máis mesto caudal de saberes gastronómicos. Só hai que lembrar a súa “Historia de los Peces” e “Memoria sobre la pesca de la sardina”. Polo estudo delas vemos, como aínda diante da enorme cantidade de publicacións modernas, o seu saber non foi ben valorado nin siquera utilizado.
Non hai peixe, nin sardiña, nas nosas costas e ríos, sobor que non coñeza como se cociña, se empana ou se conserva, transmitindo o pracer da cociña popular na súa paisaxe natural. Abondan as mostras do seu interés polos aspectos sociais, económicos e prácticos da cociña.
Fálanos da estimanza dos antigos polo salmonete, a lamprea, o centolo e moitas outras castes, coma o reo do Eume, o favorito.
Máis que estimaciós gastronómicas, as suas formas de preparar o salmón son auténticas receitas. A súa loa do San Martiño, do Escacho ou da Raia, que algúns ou moitos compartimos, manifestan o seu grao de cultura e coñecemento, coa distancia crítica que lle proporciona a súa posición ilustrada.
A curiosidade con que Cornide se achega á vida toda, coido que é unha característica inseparable da condición de gourmet.
Nomear unha cadeira da Academia coa figura de D. Joseph Cornide, non é só un acto de xustiza senon tamen de cumprida satisfacción.
Dixen.
A Coruña 6 de Xullo de 1996.