Discurso de ingreso de Antonio Jesús Sieira Míguez
diciembre 11, 2024Discurso de ingreso de Fernando de Santiago Boullón
diciembre 11, 2024DISCURSO DE INGRESO DE CARMEN FIGUEIRA TRIÑANES COMO MIEMBRO DE NÚMERO DE LA ACADEMIA GALEGA DE GASTRONOMÍA
Bos días,
Hoxe reunímonos para ensalzar a riqueza cultural, gastronómica e culinaria galega.
Unha cultura rica en historia, que foi evolucionando ó longo dos séculos, gracias á grande calidade dos produtos autóctonos, xa sexan carnes, peixes, verduras ou o que se recoñece a nivel internacional como o mellor marisco do mundo.
Ó longo da historia, podemos atopar importantes personaxes de tódolos ámbitos, facendo pequenos ou grandes aportes no mundo cultural, culinario e gastronómico. Un destes personaxes, é a quen teño o honor de adicar a xornada de hoxe, e propoñer unha cadeira pola súa labor en defensa de Galicia, a súa cultura, gastronomía e a súa xente.
Escollín este personaxe, pola cercanía xa que o meu pai naceu perto da sua casa, foi contemporáneo de meus bisavós e meus avós chegaron a coñecelo, compartindo con meu avó Ramón, o pobo e o mar. E con outro, Xosé, o amor pola cultura e a capacidade polifacética ainda que en campos diferentes.
Trátase de Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado na vila mariñeira de Rianxo, o 29 de Xaneiro de 1886. Gañou a súa fama e prestixio na escritura (tanto na narrativa coma no ensaio ou como dramaturgo), en pintura (en técnicas como aguada, óleo, tinta sobre papel, carboncillo e lápis) e na caricatura en tono humorístico, pero sempre cun transfondo político-social.
Tivo ocupacións non tan coñecidas, coma a ensinanza, a medicina, a música, actor, e un largo etc… Pero tamén, e como bo rianxeiro, estivo moi unido ó mar e os seus produtos.
Emigrou á Arxentina sendo moi neno, onde xa seu pai montou unha pulpería, e cultivou unha das súas moitas paixóns, a música. Aprendendo o folclore gaucho, e a tocar varios instrumentos entre eles a guitarra.
Anos máis tarde, retornou xunto coa súa familia á vila de Rianxo, onde cursou o bachiller de Artes, para posteriormente estudar a carreira de medicina. Foi durante esa época de estudante, onde ademáis de facerse membro da tuna estudiantil, acrecentou o seu interese polo dibuxo, a pintura e en especial a caricatura. Foi tamen actor de farsas no noroeste de España e Portugal o que propicia que coñeza a outro grande escritor Eduardo Blanco Amor, como espectador nesas representacións.
Veciño de Rafael Dieste, outro destacado escritor de Rianxo e amigo do seu irman, tivo relación de amizade con grandes personaxes da cultura de Galicia, tamén de outras provincias e países, tertulianos de cafés e casas de comidas, como era habitual neses tempos.
Faise practicante no Hospital Provincial de Santiago, compaxinando o seu traballo coas súas aficións. Exerceu a
medicina en Rianxo, traballo que abandonou para seguir as suás paixóns artísticas. Inda que en 1918, con motivo da epidemia coñecida como gripe española, retornou á vila a axudar os seus paisanos.
Segue facendo a o longo da sua vida, exposicións, conferencias, debuxos, cadros, muráis e portadas de libros. Entre elas, a primeira portada de La Casa de la Troya de Pérez Lugin, libro que eu recomendó. Creou diversas obras escritas importantes como a obra de teatro “Os vellos non deben namorarse”, en narrativa: “Cousas”, “Retrincos”, “Un ollo de vidro” e “Memorias dun esqueleto”, e estudos como “As Cruces de Pedra na Galiza”.
Pero lonxe de quedarse ahí, e aquí veredes o máis abraiante deste personaxe, non só cultivaba a súa faceta artística, senón que… e non me preguntedes cómo, posto que se trata dun dos autores máis prolíferos da historia galega, tiña tempo para adicar as políticas sociais e democráticas do país, sendo un dos pais do primeiro Estatuto de Galicia.
Un grande defensor do que consideraba inxustizas, onde defendía os mestres por o seu baixo salario, e tamen os alumnos por considerar que a ensinanza debía ser dada en outros termos, o sacrificio dos mariñeiros e labregos, as veces infructuoso xa sexa polo clima ou por outros motivos, empoderaba as mulleres por a sua dedicación á familia e por os sufrimentos polos que debían pasar en un pobo empobrecido e emigrante. E ata tivo un recoñecemento honorario pola súa defensa da xente de cor en EEUU.
Por diversos motivos, viaxou ó longo da su vida por diferentes comunidades, países e continentes, onde tivo oportunidade de desfrutar de diversas culturas e gastronomías que non fixeron outra cousa que acrecentar a morriña e saudade do seu Rianxo natal, ata facerlle lembrar, como dixo nalgunha ocasión, aquel anaquiño de pan de millo que levaba no bolsillo cando de rapaz iba a escola, o cocido galego cas suas viandas da terra ou as típicas sardiñas tan coñecidas no seu pobo.
E non é para menos, a gastronomía galega ten unha gran tradición con miles de anos de historia, con aportes de todas as culturas que se asentaron nun ou noutro momento na nosa comunidade. Enriquecendo e ampliando entre todos as nosas receitas. Temos en herdanza, un dos calendarios más amplos de España, en canto a festas gastronómicas se refire.
Festas, que lonxe de perder forza, suman cada ano novos participantes dispostos a degustar os grandes produtos que nos ofrece Galiza. E aínda que son recoñecidas a festas onde se ensalzan os pementos, o caldo,o raxo, o cocido ou ata o xamón…As que máis atraen son aquelas onde os mariscos son o prato a degustar, principalmente atopámolas na nosa Ría de Arousa, tan rica en peixes e mariscos. Polbo, percebes, ameixas, ostras, berberechos, nécoras… e unha das nosas riquezas o mexilón, nutricionalmente saudable e recomendado. Cun valor alimentario que non ten ningún outro produto.Posúe ácidos graxos fundamentais, aminoácidos, Omega 3, e fitoesteroles… Betaínas, proteínas e Vitaminas do grupo B. Posúe un largo etcétera de propiedades que convirten este marisco nun dos súperalimentos, tan nomeados hoxe en día. E por suposto, apuntar que persoalmente prefiro comer un bo prato demexilóns e non 1 kg de chía, quinoa ou tofu.
Xa para rematar, disculparme polo longo do discurso, non foi idea miña… Espero que, polo menos, se fixera amena interesante, e agradecer a oportunidade que se me brinda nesta academia para apoiar a nosa cultura e gastronomía.
Moitas Gracias