Discurso de ingreso de Fernando de Santiago Boullón
diciembre 11, 2024El chef compostelano Kike Piñeiro reconocido con el Premio Gastronomía Saludable
diciembre 11, 2024DISCURSO DE INGRESO DE FRANCISO GARCÍA-BOBADILLA PRÓSPER COMO MIEMBRO DE NÚMERO DE LA ACADEMIA GALEGA DE GASTRONOMÍA
Excmos. e Ilmos. Sres. e Sras., as miñas Donas, os meus Señores.
Constitúe para min unha verdadeira honra acada-la categoría de membro da Academia Galega da Gastronomia, e facelo da man dun dos persoeiros máis representativos da escena nobiliaria galega do século XIV, e do cadro político da
monarquía castelá.
Fernán Pérez de Andrade II pertenece, como dí Murguía, a “una de esas familiascuyos orígenes se pierden en las tinieblas de los tiempos y cuyas raíces penetran tan profundamente en el suelo de la patria, que no se equivocaría mucho quien
dijese que era, por aquel entonces, la más genuina representante de las antiguas dinastías celtas y, por lo tanto, nacionales”.
Cabaleiro inquieto, conseguiu, entre outros, os señoríos de O Ferrol, Pontedeume, Vilalba e A Coruña; home culto, amaba a poesía dos textos romances galegos; foi, por enriba de todo, un benefactor, a voz da fama adornoulle con recordos septenarios: “edificó sete igrexas, sete mosteiros, sete pontes sobre ríos caudalosos e sete hospitais”, o que lle mereceu o sobrenome de “O Boo”.
Ademáis destas virtudes, e como outros membros da súa familia, tivo dúas grandes paixóns: os bós banquetes e a caza, dos que deixou boas testemuñas literarias e artísticas, e que marcaron o estilo da súa estirpe para o futuro. Nos seguintes séculos, XV e XVI, os Andrade recordan ó Andrade “O Boo” ou “O Vello” e fan arrancar de él os títulos do seu abolengo.
Acepto, pois, con satisfacción e con honra, o meu nomeamento de Académicos Galego da Gastronomía, recordando as palabras que Ruy Freire de Andrade, vindo partir ó seu fillo en compañía do futuro Rey de Castela, Enrique II de Trastámara, exclamou: “Sé bó, que bó compañeiro levas”.
Así pois, seréi “bó”, pois bós compañeiros levo