Discurso de ingreso de Jorge Bermúdez de Castro y Jaspe
diciembre 11, 2024Discurso de ingreso de Antonio Álvarez Serna
diciembre 11, 2024DISCURSO DE INGRESO DE JOSE DE CORA COMO MIEMBRO DE NÚMERO DE LA ACADEMIA GALEGA DE GASTRONOMÍA
Ilustrísimo Sr. Don Manuel Fernández Varela:
Prior de Acoba, Deán de Lugo, Comisario Xeral da Santa Cruzada, Arcediano de Madrid, dignidade da Irexa Primada de Toledo, auditor honorario do tribunal da Rota, examinador sinodal de Nunciatura, teólogo consultor, e predicador da Súa Maxestade, entre outros títulos e honores.
Chegamos hoxe a esta Academia coa comprometida misión de ocupar-la cadeira que leva o seu nome, dispostos a prestixiala sabedoría dos fogóns galegos como a súa Ilustrísima fixo en vida, modelo de equilibrio entre o engrandecemento espiritual do home e o contento material da boa mesa.
Sabemos da súa xenerosidade, do seu amor pola beleza, do seu mecenazgo para coas artes e as letras, da súa recoñecida cociña e dos seus celebrados convites, e daquela pensamos, nestes intres de solemnidade académica, o dificil do camiño que temos diante para que a súa lembranza non sexa victima das nosas torpezas, erro sou larpeiradas non santas qeu poidamos cometer.
Porque o seu Título de O Magnífico, que Galdós deixou escrito en Los Apostólicos, reponde non só ós ben probados patrocinios culturais, nin só ós numerosos servizos eclesiásticos, senón tamén, e moi especialmente, á sona do bo comer que acadou a súa mesa cando no Madrid dos primeiros anos do século XIX todo era ruín e miserento.
Imaxinamos hoxe ó mestre Rossini, repousado na cadeira de raso, alegre e satisfeito co desfile de sopas, aves, carnes, cocidos e potes saidos do seu fogón da praza de Barajas. Tan compracido deixou Fernández Varela ó bandullo do músico que o italiano non atopa mellor maneira de pagar-las atencións culinarias recibidas que coa composición dun Stabat Mater, probablemente a máis fermosa factura que ninguén cobrou nunca por un menú.
Á Súa Ilustrísima e ás súas habelencias gastronómicas encomendo os traballos deste humildísimo admirador.