Discurso de ingreso de Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa
diciembre 12, 2024A gran avantaxe do mundo agrario é que a humanidade ten que satisfacer irremediablemente a súa maior necesidade biolóxica, que é comer; pero padece o gran inconvinte de que para chegar a ese punto final ten unha gran distancia que percorrer onde se xoga todo o futuro do esforzo produtivo. Precisamente desta travesía o noso labrego fuxiu coma do lume, e deronse pasos pero inda estamos verdes.
Non fomos moi dados a estar avispados para enfrontarse a esa cadea comercial, por causas como o noso tradicional illamento que nos cruñou co medo e rutina e complementado por poder subsistir pola boa aceptación dos nosos produtos. Por ese acomodo case sempre quedamos desplumados por avaros comerciais de todo tipo, desde os famosos “trapeiros” e “cacharreiros” ata os negocios onde andaba a romana e a báscula como medios da pesada, inda que a veces algún labrego tamén as cobraba con pedriñas polo medio do saco de patacas, entre outras estrubiadas, que son síntoma da mala comercialización derivada da miseria.
Pero os tempos cambiaron e inda que nos queda algo daquela lá, tamén é verdade que existe unha evolución que pasa pola nosa entrada “ daquela maneira” en Europa, que nos levou a ter avantaxes e desvantaxes comerciais ata o novo hourizonte co tratado con Mercosur, se tal tratado se convirte definitivamente en firme.
Podiamos empezar por ai, lembrando os efectos negativos que tiveran na nosa economía a entrada de carne de Arxentina a finais do século XIX, nube que xa cubre algunha cabeza, dado que moita unión (U.E.) pero cando chega as de apretar acaba imperando o de sálvese quen poida.Exemplos temos abondos para ter certa desconfianza.
De calqueira xeito o noso “cebón galego” daqueles tempos non ten porque ter medo na actualidade pola nosa aprendizaxe na produción de calidade, e porque inda temos marxe de millora competitiva en cada paso do proceso produtivo. Isto pódenos consolar diante das cafradas comerciais que “ó caladiño” a nosa UE comete, polo que non se pode baixar a garda en todo proceso comercial, o cal inevitablemente tamén vai repercutir na nosa gastronomía, que depende básicamente de profesionais , do sector primario e o éxito mercantil.
Estamos nunha sociedade máis bipolarizada económicamente do desexado, pois tristemente cun 25% no fio da navalla cara probeza, non é para tirar foguetes e iso influe nos mercados. Inda así, Galicia ten posibilidades comerciais agroalimentarias porque con máis dunha trintena de denominacións de calidade actuais , está en boas condicións para entrar en mercados esixentes en calidade, que de forma xeral correspondense co de alto poder adquisitivo.
Tamén se somos capaces de soster unha clase media, potenciase ese comercio, porque o mercado marcado pola xente de alto poder adquisitivo actúa por diferenciación con relación ó do lado, namentras o da clase media actúa por convencemento alimenticio; pero en definitiva é o mesmo nicho de mercado con calidade e precio máis ben alto. Desta realidade dedúcese consecuentemente que as instalacións de mercado físicas deben ser ben estruturadas e cuidadas con relación ós tempos en que vivimos.
En calqueira caso, pensando no consumidor de forma xeral , non se pode esquecer todo o relacionado cos mercados de proximidade, que son os que a lóxica, as necesidades actuais e de futuro tamén impoñen. Todo elo non implica exclusividade nin imposición, senón sentido común.
Sen dúbida estes tipos de actividade comercial, entre outros factores, cumpren varios aspectos fundamentais. Por un lado a posibilidade de reducir a distancia entre o produtor e o consumidor, co que se pode ofrecer maior frescura nos alimentos e garante en xeral. Por esa proximidade cumplense obxectivos importantes de medio ambiente e reduciríanse gastos, polo que os custos tamén teñen que ser máis adaptados á economía de todos os consumidores.
Nos nucleos urbáns e nalgúns dos que chamariamos hoxe núcleos rurais, tradicionalmente en Galicia celebráronse moitas feiras e mercados que en gran parte non tiñan moitas transacións, pero todos eles facían un tecido comercial de proximidade que daban vida a un pobo illado en todos os terreos. Desas feiras e mercados que desapareceron, parte dos seus obxectivos, pódense sustituir con puntos de venda directa, artesania e relacionados con actividades turísticas. Tamén nalgúns casos onde se conservan estruturas de pedra poden ter puntualmente mercados interesantes polo menos de forma estacional.
No caso de prazas de abastos e similares, ou sexa mercados de cidades ou nucleos importantes de poboación, mantiveronse ó longo do tempo, pero en moitos casos acusaron a súa decadencia, sobre todo desde a instalación das grandes áreas comerciais. Resulta evidente que nalgúns casos tiveron unha reconversión total o que dinamizou as áreas onde se fixo. Posiblemente en moitos casos o equilibrio entre oferta de materia prima, elaboración presencial e consumo directo, sexa fórmula aplicabe para unha millor dinamización dos pobos.
Ollando á nosa Galicia, debemos ter presente que esas prazas de abastos, con boa ubicación, merecen un miramento especial, polo que a figura de “mercados de excelencia” parece unha idea favorable, pero onde ademáis de todo proceso xeral de xestión, debe imperar a burocracia simplificada e un control axeitado.
Débese ter en consideración a presencia de produtos de calidade, proximidade e a sostenibilidade perfectamente identificados. Para elo, se queremos ir en vanguardia como o merece a nosa gastronomía, as diferentes admnistracións e entre os seus órganos internos debe haber máis colaboración. As nosas prazas deben ser puntos de atración do pobo e turística, pero non só algunhas, hai que loitar para que sexan moitas. Unha vez máis chama á porta a coordinación. Esas prazas e mercados son perfecto índice do nivel dun país. E para máis, a escelsos mercados seguro que millor gastronomía.
JOSE MOURIÑO CUBA
MEMBRO DA ACADEMIA GALEGA DE GASTRONOMIA.