O Hostal dos Reis Católicos acolleu esta semana a toma de posesión dos seis novos membros da Academia Galega de Gastronomía .
Oficializaron a súa entrada Jorge Bermúdez de Castro y Jaspe, Alfonso Sánchez Izquierdo, Lois Caeiro, Paloma Vázquez Fernández, Juan Vieites Batista de Sousa e Darío Villanueva Prieto .
O presidente da academia, Francisco García Bobadilla , explicou que a entidade transcende o sector da restauración entendido estritamente e inclúe a gastronomía “desde a natureza ata o último prato”.
Ao acto de Santiago asistiron, entre outros, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro , e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez .